Entregados os premios do terceiro concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda

O xurado elixiu 6 traballos entre os 42 presentados en total nesta segunda edición, baixo o lema da Auga. Todos están expostos na biblioteca
Publicado por o día 22/05/2018 na sección de Galicia

Entregados os premios do terceiro concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda

Onte tivo lugar a entrega de premios da  terceira edición do Concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda, con 42 traballos presentados en total que están xa expostos neste centro municipal. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Educación, Pilar Peón entregaron os premios aos alumnos e alumnas galardoados.

Na categoría de Educación Primaria o mellor cómic foi o titulado “Salvemos a Lagoa”, realizado por Alejandro Castro Perez, alumno de 4º do CEIP de Silleda. Este primeiro premio está dotado con altofalantes e cascos para o autor e 150 euros para o centro. O premio ao mellor guión é para As Super Gotas, un traballo colectivo de alumnos de 5º do CEIP de Silleda (dotado con 75 euros e un lote de material escolar para os autores) realizado por Mateo Fernández Ares, Marcos Pavón Núñez e Nicolás Casal Múgico. Por último o galardón á mellor ilustración recaeu en “As aventuras de Fondo de Bikini”, realizado por alumnos/as de 6ª tamén do CEIP (Luis de Melo dos Santos, Lucía Vázquez Montero e Paula Mariño Alvarellos), que levaron tamén un lote de cómics. O premio económico é tamén de 75 euros.

Na categoría de Secundaria, cos mesmos galardóns, o xurado elixiu como mellor cómic o traballo “Imaxínate”, de Lara Diéguez Troitiño; o segundo premio ao mellor guión foi para María Mejuto Ares, con “Tocando o límite”, e o terceiro, á mellor ilustración para María Mosteiro Lareo, con “Blue Waves”.

Os premios en metálico destinaránse ás excursións de fin de curso dos dous centros. Todos os traballos participantes están xa expostos na biblioteca silledense.

Dende a Concellería de Educación, que convoca por terceiro ano consecutivo este certame, a concelleira Pilar Peón destaca “o nivel dos traballos e a alta participación dos alumnos e alumnas que siguen sorprendéndonos coa súa creatividade, neste caso no ámbito da banda deseñada”, indica.

Un libro recopilatorio o vindeiro ano

Dende o Concello de Silleda tamén se agradece a participación do xurado que estivo formado por artistas locais como José Antonio Fondevila, Francisco Alén Pena e a bibliotecaria, Teresa González Barrio.

Así mesmo tamén se avanzou que o vindeiro ano  o Concello de Silleda editará un libro cos traballos gañadores o longo destas primeiras edicións.