Entroido en Teis, hoxe luns 4 de marzo ás 17:30 horas

Por o 04/03/2019 | Sección: Eventos
Entroido en Teis, hoxe luns 4 de marzo ás 17:30 horas
Compartir en:

A Asociación Veciñal de Teis e a Asociación de Comerciantes do mercado de Teis, organizan conxuntamente un ano máis, as actividades do Entroido en Teis, que se desenvolverán hoxe luns 4 de marzo a partir das 17:30 horas, no espazo peonil do Mercado.

Haberá animación infantil con Barafunda Teatro, desfile de disfraces, inchabel e a actuación da comparsa da Asociación “Os ceboleiros de Teis”.

Entre os/as participantes no desfile de disfraces haberá sorteo de agasallos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.