Envían asistencia sanitaria para socorrer a un condutor dun camión que chocou contra a mediana da Autovía en Verín

Publicado por o día 26/08/2020 na sección de Sucesos

Envían asistencia sanitaria para socorrer a un condutor dun camión que chocou contra a mediana da Autovía en Verín

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 07:15 horas desta mañá.

Foi a esa hora cando outro condutor chamou ao 112 para indicar que chocaran contra un camión parado na A-75, á altura de Tamaguelos, dirección Verín. Segundo o seu relato, o camión chocara contra a mediana da Autovía. Aseguraba que os ocupantes do vehículo estaban ben pero que o camioneiro podía precisar asistencia sanitaria.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado enviaron unha ambulancia ao punto. Do mesmo xeito, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os efectivos de Protección Civil e os Bombeiros de Verín, que tamén se desprazaron ao punto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.