O equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal-Coia regresa a Navia para recibir ao Santo Domingo Betanzos

Publicado por o día 21/10/2016 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

O equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal-Coia regresa a Navia para recibir ao Santo Domingo Betanzos

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia xogará esta fin de semana no pavillón de Navia a terceira xornada da Liga EBA da presente tempada 16/17, segunda xornada da competición que xogará como conxunto local. O encontro será o domingo día 23 de outubro do 2016 ás 18:30 horas no pavillón de Navia ante o Santo Domingo Betanzos.

O equipo Sénior Masculino de Liga EBA volverá ao pavillón de Navia para disputar a terceira xornada da competición nunha tempada que está sendo histórica, por ser a primeira campaña da historia do club que se participa en dita competición.

Desde tódolos estamentos da entidade convidamos a toda a familia da prensa a asistir a este segundo partido como local na Liga EBA. Agardámosvos a todos e todas o próximo domingo día 23 ás 18:30 horas no polideportivo de Navia…

XOGA CON NÓS NA LIGA EBA!