Equo comprométese co programa pola Terra

Publicado por o día 17/10/2012 na sección de Eleccións Galegas,EQUO,Política

Equo comprométese co programa pola Terra

     EQUO Galicia é a día de hoxe o único partido que asumiu como propio o “Programa pola Terra” na súa totalidade. E así o fixo público o día 16 de Outubro nun acto en Vigo poñendoo por escrito. No acto falaron Serafín Valencia, candidato de EQUO, presentou o acto e Loli Tobío, candidata e co-portavoz de EQUO Galicia formalizou o compromiso coa súa sinatura. Foron testemuñas Juan López de Uralde, co-portavoz de EQUO, e Juan Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra e Eva López, número tres na lista da provincia.

    O Programa pola Terra foi elaborado polos movementos ecoloxistas galegos DEGA, Amigos da Terra, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e enviado a todos os partidos de Galicia.

    Juan Fajardo comprometeuse a “que o Programa pola Terra sexa a base das políticas medioambientais da coalición e do futuro do noso país. Este documento ten que estar nas mesas de traballo para construír o país que queremos”.

   EQUO está contento de que a sociedade civil presentase un documento como o “Programa pola Terra”, según dixo o co-portavoz federal do partido Juan López de Uralde, no que se dan as indicacións do futuro medioambiental en Galicia. “A crise ecolóxica é unha das causas da crise económica e social. Temos que esixirlle ao resto dos partidos políticos do parlamento que se comprometan ao igual ca nos para que este documento sexa o eixo das políticas en Galicia“, proseguíu.