EQUO Galicia considera inaceptable o trato de favor do Concello de Lugo cara á empresa INCA Servicios e Ingeniería S.A.

A EQUO resúltanos lamentable que o consistorio adxudique á mercantil as tarefas de execución dos cinco primeiros tramos do proxecto “Da muralla ao Miño-Muramiñae” no marco do programa de desenvolvemento urbano Edusi
Publicado por o día 01/09/2017 na sección de EQUO,Política

EQUO Galicia considera inaceptable o trato de favor do Concello de Lugo cara á empresa INCA Servicios e Ingeniería S.A.

A EQUO resúltanos lamentable que o consistorio adxudique á mercantil as tarefas de execución dos cinco primeiros tramos do proxecto “Da muralla ao Miño-Muramiñae” no marco do programa de desenvolvemento urbano Edusi.

Hai que lembrar que INCA xa foi no seu momento a concesionaria das polémicas obras da “Fábrica da Luz”, autorizadas a nivel municipal e paralizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño (CHM) polos posibles danos ambientais derivados da súa instalación.

Agora, e de maneira incomprensible, o Concello de Lugo encarga á mesma empresa a posta en valor da Zona de Ou Carme e a súa adecuación ambiental, a remodelación do lugar da Volta da Viña, a infraestrutura subterránea da N-VI e a súa conexión co Anxo Carro, cinco proxectos cun orzamento total que alcanza os 12,5 millóns de euros, dez dos cales son financiados con fondos europeos.

Unha afronta á veciñanza de Lugo

Ante esta situación, EQUO Galicia considera que as autoridades municipais están a actuar á marxe do interese xeral e a favor dunha empresa que reiteradamente mostrou o seu desprezo polos bens públicos e a protección do patrimonio natural e cultural no que supón unha clara afronta para a cidadanía.

Empresa que, ademais, tivo unha actitude matonil ao atacar xudicialmente a todos aqueles colectivos que de maneira ordenada e democrática fixéronlle fronte, como a Plataforma “Lugo de cara ao Miño” e a organización ecoloxista ADEGA, demandas que en todos os casos foron desestimadas.

Finalmente, desde EQUO Galicia demandamos seriedade ás institucións e considera que esta actitude fai un fraco favor á imaxe de transparencia e responsabilidade que debería emanar da actual corporación municipal.