EQUO Pontevedra inicia a campaña cunha pegada virtual de carteis en Vigo

Publicado por o día 07/05/2014 na sección de EQUO,Política

EQUO Pontevedra inicia a campaña  cunha pegada virtual de carteis en Vigo

EQUO, que se presenta ás Europeas na coalición Primavera Europea xunto con outros partidos como Compromís, Por un mundo más Justo (PUM+J), Chunta Aragonesista, Partido Castellano, Socialistas Independientes de Extremadura e Caballas-Ceuta e plataformas cidadás coma Participa ou Demos+, iniciará a súa campaña en varias cidades de Galicia cunha pegada virtual de carteis.

EQUO Galicia aposta por un inicio de campaña austero e ecolóxico substituíndo a pegada de carteis que habitualmente realizan todos os partidos o día de comezo da campaña por unha pegada “virtual” que consiste nunha proxección dos carteis.

Con este acto simbólico EQUO quere demostrar que se pode levar a cabo unha campaña coherente e sen dilapidación de recursos, ao contrario do usual dispendio que se produce nas campañas electorais da maioría de partidos políticos, os cales requiren de millóns de euros para facer publicidade en lugar de presentar propostas á cidadanía.

Pola contra, a campaña que se propón desde esta formación é participativa e transparente de xeito que os actos que se leven a cabo serán abertos á cidadanía e calquera persoa poderá interactuar cos integrantes de EQUO.

EQUO quere indicar que non se financia grazas aos créditos dos bancos senón ás doazóns da súa afiliación, o cal aporta unha independencia que non teñen o resto de formacións.

PRENSA EQUO PONTEVEDRA