EQUO reclama dar o salto a un único sistema de transporte mancomunado na contorna de Vigo

Publicado por o día 12/01/2014 na sección de EQUO,Política

EQUO reclama dar o salto a un único sistema de transporte mancomunado na contorna de Vigo

  Ante o anuncio do rexedor vigués sobre limitar a tarxeta verde de VITRASA só para empadroados en Vigo, EQUO Pontevedra considera que é o momento de implantar un único  sistema de transporte mancomunado na contorna do Concello de Vigo.  EQUO reclama a posta en marcha dunha única tarxeta que bonifique ao usuarios do transporte público urbano e interurbano así como transporte por estrada ou en barco de toda a área metropolitana. Un sistema único mancomunado que potencie o uso do transporte público facilitando as conexións entre as diferentes liñas e servizos incluídos.

 EQUO rexeita  a nefasta actuación das corporacións municipais implicadas no proceso de formación da inexistente Área Metropolitana de Vigo así como do goberno da Xunta de Galicia. Tódolos posibles beneficios no día a día dunha área metropolitana víronse reducidos a unha loita de egos pola presidencia da mesma, cousa que marcou a impresión actual sobre a mesma da cidadanía. EQUO quere lembrarlle aos actuais alcaldes da comarca que unha  Área Metropolitana debe nacer dun interese común por axuntar esforzos e centrada no servizo á cidadanía.  

 EQUO defende unha xestión pública do transporte público, no que se prime unha mobilidade sostible adaptada ás necesidades das persoas nos seus desprazamentos diarios e non nos beneficios inmediatos de empresas privadas.

Dende EQUO Pontevedra reclamamos aos alcaldes da esquecida Área Metropolitana de Vigo e ao goberno da Xunta de Galicia a traballar polo ben da cidadanía, comezando polaimplantación dun sistema único e mancomunado de transporte público que potencie unha mobilidade sustentable en toda a contorna viguesa que non esqueza a ninguén.

PRENSA EQUO PONTEVEDRA