EQUO reclama un plan de mobilidade para Vigo e a area metropolitana

Publicado por o día 27/02/2014 na sección de EQUO,Política

EQUO reclama un plan de mobilidade para Vigo e a area metropolitana

O concello de Vigo vén de anunciar con grande ledicia a meirande reforma no transporte público da cidade. Unha grande reforma que non foi máis que axustes en liñas xa existentes e que non forma parte de ningún plan de mobilidade.

EQUO denuncia que Vigo carece dun plan de mobilidade que marque as pautas a seguir nas reformas do transporte urbano ou nas remodelacións das rúas que non deixa de ser tan so estética. A covoceira de EQUO Pontevedra Dolores Tobío recalca que “carecemos dun plan que orquestre o que unha cidade coma Vigo debería querer ser no século XXI”.

EQUO pide que este plan se faga coas máximas aspiracións e que englobe a area metropolitana e que poña as persoas coma actores principais nunha mobilidade sostible. O transporte público de rías, en autobús ou previndo posibles liñas de cercanías débese complementar con redes coherentes de carrís para bicicletas sendo todas verdadeiras alternativas ao transporte individualizado dos coches.

EQUO aspira a converter Vigo nunha “cidade 30”, na que a redución da velocidade máxima no centro urbano facilitaría a convivencia pacífica entre todos os usuarios: peóns, ciclistas e condutores.