Trás saberse que 300 alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios non iniciasen o curso por falta de profesores, hoxe ás 20 h déronse concentración diante do emblemático edificio do arquitecto Pacewicz, doado por García Barbón á cidade, onde esta a EMAO.
Segundo adiantou a Voz de Galicia o pasado día 26 de setembro as clases renóvanse o día 1 de outubro e estamos xa a día 15 e aínda non comezaron, dita afirmación recollida na voz faciaa o xefe de estudos Xosé Feixó Cid.
Ao redor de 300 dos 700 matriculados non puideron iniciar ningún dos cursos de debuxo teñen profesores a causa é que o Concello non conta na actualidade con todo o persoal de profesorado completa, do mesmo xeito que nas especialidades de Serigrafía, Pintura, Moda, Ourivaría e Serigrafía, mentes estes alumnos deberán seguir esperando unha data para poder incorporarse.
Por xubilacións e non renovacións de contrato, hai cinco materias que non teñen ningún monitor asignado. Son as de pintura, debuxo artístico, moda e confección, ourivaría e serigrafía artística. Precisamente, o día 25 de setiembre o Boletín Oficial de Pontevedra publicou o anuncio do Concello para dar cobertura a estas prazas.
A xunta de goberno local aprobou na sesión do 30 de agosto as bases reitoras do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego que permita estes nomeamentos interinos. Todo proceso de selección conleva o seu tempo. Fuentes municipais explican que o atraso no nomeamento dos profesores que impide comezar o curso a tempo en cinco especialidades débese á tramitación que conleva unha oferta de emprego público.
Na concentración do día de hoxe pediron maxíma axilidade e puntualidade das convocatorias, evitar a suspensión de clases, a recuperación das horas perdidas nos casos que se produzan, listas de contratación permanentes para substitucións en ausencias de baixas dos profesores.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.