Escola de Rúa: Acoso sexual no traballo

A Escola da Rúa prepara unha charla formativa sobre ACOSO SEXUAL NO TRABALLO.

Sandra Garrido Fernández, avogada de A Sensu Contrario e membra do GIXS (Grupo de Intervención Xurídico-Social) será a encargada desta formación que abordará a prevención e actuación ante o acoso sexual no ámbito laboral. Sandra foi ademais a avogada que levou o caso de acoso sexual no traballo que resultou condenando a El Corte Inglés (ver noticia na prensa).

Estudaranse os elementos básicos que permiten identificar e actuar ante situacións de acoso sexual nas relacións laborais. Veremos a definición, conceptos, e elementos comúns e diferenciadores dos distintos tipos de acoso (moral, sexual e por razón de sexo, mobbing…), a lexislación e xurisprudencia sobre acoso sexual (penal, social, administrativa), e as medidas de prevención e acción empresarial fronte ao acoso.

A charla impartirase de xeito ameno e didáctico estudando a través de sentenzas e casos prácticos a lexislación e xurisprudencia existente, así como os criterios técnicos da Inspección de traballo.

A sesión desenvolverase o vindeiro 9 de marzo na sede do Ceesg (Compostela) ás 17:00 h.

A asistencia é gratuita, sendo necesario inscribirse previamente. Inscricións ata o 5 de marzo ou completar aforo.

Formulario de inscricións

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM