Escribá tocado tras a derrota contra o Alavés

Primeiro Lisandro Magallán marcou de cabeza tras un córner e a dez minutos de final sentenciou Lucas Pérez
Publicado por o día 20/10/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Escribá tocado tras a derrota contra o Alavés

O Alavés venceu no primeiro partido dominical da novena xornada da liga ao Celta de Vigo dun Fran Escribá que queda no arame polo mal inicio de tempada do seu equipo para pesar do esforzo realizado polo club en materia de fichaxes coa ‘operación retorno’ que trouxo de volta a Santi Mina, Rafinha e Denis Suárez, entre outros. Magallán e Lucas Pérez foron os artífies da vitoria vitoriana.

Na primeira parte o VAR tivo moito traballo, primeiro para anular un gol moi polémico de Santi Mina, en función do ángulo da repetición parecía que tocaba o defensor e outras parecía que era Iago Aspas o cal convertía en ilegal a posición do ex-xogador do Valencia. Despois Joselu mandou ao traveseiro un gol cantado tras pase da morte e na seguinte xogada o videoarbitraxe tivo que advertir ao colexiado de que non era penalti o que sinalara por man de Rafinha.

Ao comezo da segunda metade Lisandro Magallán adiantou ao Alavés tras un córner, impúxose moi contundente no remate de cabeza. A dez minutos do final foi Lucas Pérez o que finiquitou o choque co segundo nun movemento de rematador puro anticipándose a todos para rematar o centro raso de Aleix Vidal. O Alavés queda con once puntos polos nove dun Celta que seguirá, polo menos, unha semana máis en descenso.

Fran Escribá: “Temos que dar un paso adiante”

Hugo Mallo, substituído en Vitoria por unhas molestias nos isquiotibiales

O lateral dereito do RC Celta Hugo Mallo foi substituído no desconto da primeira metade en Vitoria por mor dunhas molestias nos isquiotibiales da perna dereita. Nos próximos días e en función da súa evolución realizaránselle probas médicas si é preciso.

FICHA TÉCNICA

2- Alavés: Pacheco, Martín, Magallán, Laguardia, Duarte, Wakaso, Manu, Vidal, Rioja (Pons, min 70), Lucas Pérez (Guidetti, min 93) e Joselu (Burke, min 78)

0 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo (Costas, min 46), Aidoo, Sáenz, Juncà (Sisto, min 79) , Okay (Brais, min 59), Lobotka, Denis Suárez, Rafinha, Aspas e Mina.

Goles: 1-0  Magallán min 49; 2-0 Lucas, min 81;

Árbitro: José Luis González González (Castela e León). Amoestou a Wakaso, Duarte, Manu, Lucas (Alavés) e a Juncà (RC Celta)

Incidencias: Encontro correspondente á novena xornada disputado no estadio de Mendizorroza de Vitoria #ante 16.584 espectadores.