Esgrima histórica de Redondela

Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Galicia,Redondela

Esgrima histórica de Redondela

“Este sábado 6 de outubro en Redondela con máis de 40 esgrimista, desenvolverase o 2º Torneo de Esgrima Histórica Vila de Redondela, organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga e o Concello de Redondela.
O torneo reunirá as tres disciplinas principiais das Artes Marciais Históricas Europeas: espada medieval e escudo broquel, que terá como escenario a pista da Xunqueira, e pola tarde no Pavillón Municipal de Redondela a espada ropera dos séculos XVI e XVII e espada larga a duas mans dos cabaleiros de armadura completa.
Este segundo torneo ven avalado polo rotundo éxito da primeira edición, asistiendo numeroso público durante todo o día disfrutando dos combates e tamén participando nas clases gratuitas.
O torneo rexistrará un maior número de participantes chegados de diferentes lugares como Galicia, Portugal e resto de España.”