Esixen a venda urxente do estaleiro Barreras

Instan os propietarios actuais a chegar a un acordo para retomar a actividade agora que os proxectos son viables, aínda que non saben canto máis poden aguantar
Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Galicia,Naval,Vigo

Esixen a venda urxente do estaleiro Barreras

A industria auxiliar de Barreras está ao bordo do colapso, e teme polo futuro de máis de 1.000 empregos se os accionistas de Barreras non facilitan a venda do estaleiro ao fondo de investimento Oaktree. Esa é a causa que, segundo denunciou Enrique Mallón, o secretario xeral de Asime (a patronal galega do metal) mantén bloqueada a única posibilidade de que o estaleiro, agora en situación de preconcurso, evite o concurso de acredores e unha probable liquidación.

Mallón falou en representación da plataforma de empresas auxiliares acredoras de Hijos de J. Barreras, que integra a 32 firmas ás que o construtor naval debe máis de 20 millóns de euros (aínda que é olo unha estimación). «A venda do estaleiro debe resolverse en cuestión de días para despexar o futuro dos proxectos en marcha e garantir que se terminan os barcos contratados», manifestou en rolda de prensa este mediodía.

A plataforma, á que se deben 20 millóns de euros, reclamou este xoves “responsabilidade” aos accionistas do estaleiro para que non bloqueen unha solución á crise da empresa “por intereses particulares”.

Por iso, Mallón fixo un chamamento á “responsabilidade” dos actuais accionistas do estaleiro e lamentou que as negociacións cos posibles compradores (o fondo Oaktree, principal investidor de Ritz Carlton) estean “enrocadas” por “intereses particulares”. “Non podemos permitir que polas garantías duns ou outros pague o pato a industria auxiliar de maneira dramática”, incidiu.

O letrado asesor da plataforma de auxiliares, Alberto Rocha, referiuse á situación preconcursal de Barreras, e aclarou que, neste período de negociacións, «non será viable unha solución que non sexa acabar os barcos en Vigo». «Se alguén cre que pode deixar caer o estaleiro e levar o barco (o cruceiro de Ritz Carlton, que está en fase avanzada de construción) a prezo de ganga, está moi equivocado. Iso non vai ser tan fácil», dixo Rocha, apostando por medidas que eviten «que se malogren os activos» da empresa.

Para o avogado, a situación de Barreras «non ten por que acabar en liquidación, pero «hai que actuar de forma diligente». A esixencia de responsabilidades veríase no caso de que se chegue a concurso e ábrase unha peza de cualificación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.