Esixen á administración que de solución ás enormes colas para acceder aos parkings do Hospital Alvaro Cunqueiro

Ás colas producense na autovía e na avenida Clara Campoamor
Publicado por o día 12/11/2016 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Esixen á administración que de solución ás enormes colas para acceder aos parkings do Hospital Alvaro Cunqueiro

Nestes días reprodúcense, con maior intensidade, as longas colas entre ás 7,30 e 8,15 horas, horario de entrada do persoal, e as 15 horas cando se produce a saída deste persoal, nas cercanías do Hospital Álvaro. Ás colas producense na autovía e na avenida Clara Campoamor.

CCOO esixe solucións inmediatas, xa que o problema non só repercute na paciencia de traballadores e usuarios, senon que tamén no cumprimento do horario algo fundamental nun centro sanitario e na atención aos doentes.

CCOO quere facer as seguintes propostas para dar solución a esta situación

Posto que o “Parking” destiñado o persoal e insuficiente e mal estructurado, que se permita aos traballadores poder utilizar tamén prazas do “parking” destinado aos usuarios.

Facer reformas nos aparcadoiro que posibiliten outro acceso ao “parking” que facilite a entrada de mais vehículos no mesmo tempo.

Esixir á Xunta de Galicia que dote aos cidadáns da comarca de Vigo de prazas de aparcamento gratuito no exterior do hospital, xa que dispoñe de espazo suficente.

Esixir ao Concello de Vigo que lle de un pulo ás obras para tamén contar con prazas públicas gratuitas.

Mentras non se dispoñan de prazas exteriores suficentes e gratuitas, esiximos da Xunta de Galicia, o levantamento das barreiras dos parkings do Hospital Álvaro Cunqueiro sen ningún tipo de custo económico. Lembrar que isto foi unha promesa feita pola portavoz do Partido Popular no concello de Vigo Elena Muñoz e semella que agora esquecida.