Esixen ao Concello de Vigo que repare os danos provocados na pista de patinaxe da ETEA

Tamén hai danos no resto do peche do parque público.
Publicado por o día 09/08/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Esixen ao Concello de Vigo que repare os danos provocados na pista de patinaxe da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, esixen ao Concello de Vigo, que repare os danos provocados na pista de patinaxe do parque público da ETEA, logo dos traballos de limpeza de vexetación e corta de arbores no entorno do parque público, realizados a finais de 2018.

O danos son moi visíbeis no valado da pista de patinaxe. A pista esta sen valado nun tramo e noutros esta deteriorado. O que pode supor un perigo para a veciñanza que usa a pista de patinaxe, especialmente  para os máis pequenos. Tamén hai danos nalgún tramo do peche do parque público.

Desde a Asociación, dirixíronse por escrito ao Concello de Vigo, o pasado 06/05/19, 06/06/19 e o  pasado 27/06/19, solicitando a reparación destes danos. Logo do seu primeiro escrito realizáronse uns traballos mínimos de reposición do valado da pista de patinaxe, pero que non deixaron o valado no seu estado orixinal e de feito agora os danos continúan.

“Non entendemos como desde o Concello, non se realizou unha inspección da ETEA, logo de finalizar os traballos de limpeza e  a corta  das arbores, para comprobar que non había danos e habendo danos obriga a empresa a reparalos”, sinalan desde a asociación.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.