Esixen o incremento salarial e a redución de xornadas no sector das perruquerías de Galicia

O sindicato inicia unha campaña de información e presión, mesmo con denuncias na Inspección de Traballo, para lograr que sexan de aplicación en Galicia as melloras do convenio estatal

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia inicia unha campaña baixo o lema «esixe o teu salario e xornada, é o teu dereito». A iniciativa, que combina información ao persoal con medidas de presión (como denuncias na Inspección de Traballo), reivindica a aplicación tanto dos incrementos salariais como das reducións de xornadas a que obriga o convenio estatal de perruquerías, unha vez que o convenio galego decaeu formalmente o pasado 1 de febreiro.

CCOO leva desde o pasado ano defendendo «en solitario» que a situación dos traballadores e traballadoras se equipare en Galicia co marco estatal, o que representaría unha «substancial mellora» nas condicións.

A Federación de Construción e Servizos lamenta que a patronal, malia saber que era obrigatorio aplicar o convenio estatal, intentara que o sindicato CIG —con máis dun 60 % da representatividade— asinase o convenio galego en solitario. Finalmente non se chegou a producir o asinamento, porque CCOO «advertiu desde a primeira xuntanza que o denunciariamos na Consellaría de Traballo».

O cambio ao convenio estatal implica melloras salariais, pero tamén en materia de horarios. Neste sentido, as empresas deberán especificar obrigatoriamente as horas de entrada e de saída do persoal, tendo a consideración de horas extraordinarias as que excedan do cómputo de 1.750 anuais.

Por último, CCOO anima o persoal do sector a acudir aos locais do sindicato para se asesorar e esixir a percepción do incremento salarial a que teñen dereito, así como das condicións das súas xornadas, con efectos desde o pasado 1 de febreiro.



Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá