Esixen que se mellore a Praia da Punta e seu entorno

A Asociación dirixiuse por escrito ao Concello de Vigo e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica
Publicado por o día 26/08/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Esixen que se mellore a Praia da Punta e seu entorno

Nas últimas semanas desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixíronse por escrito ao Concello de Vigo e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica para esixir a ambas administracións unha actuación para mellorar  a praia de A Punta e o seu entorno. 

A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis.  Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.

A praia de A Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación diante das diferentes administracións, a rampla de acceso esta afundida, o mal estado da torre de vixilancia, o paseo marítimo esta sen firme en moitos tramos, etc.

Este areal ten un problema espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza  téñase que colocar no seu entorno.

Desde esta Asociación, propoñen que para gañar  espazo, se  acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.

Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta  trasladouse ao servizo provincial de Costas de Pontevedra, hai mais dun ano.

“Tamén é necesario  acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, pois xa  houbo algúns desprendementos de pezas metálicas”, denuncian desde a asociación.

A Asociación é favorábel a construír o espigón que permita recuperar area na praia de A Punta, pero coa realización previa de estudos  técnicos que avalen esta proposta.  Non estamos dispostos a unha nova barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público.

“Entendemos que é urxente  mellorar os espazos e o entorno da praia de A Punta, como vimos reivindicando desde fai anos as diferentes administracións implicadas. Non é aceptábel o actual estado da praia  e que a veciñanza moitos días, teña que estar amoreada, cando hai solucións” finaliza a denuncia a Asociación Veciñal de Teis.