Esixen solucións aos crónicos problemas da sanidade de Vigo

Por o 12/12/2017 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Esixen solucións aos crónicos problemas da sanidade de Vigo
Compartir en:

 A federación de sanidade de CCOO da comarca de Vigo, esixe solucións os crónicos problemas da sanidade de Vigo.

Todos os anos as urxencias hospitalarias de Vigo colápsanse, fundamentalmente pola escasez de camas hospitalarias da nosa área sanitaria. Escasez que non solucionou o novo hospital de Vigo, polo brutal recorte en camas de casi un 40% e tamén de espazos en urxencias. Vigo ten as mesmas camas totais que antes do Álvaro Cunqueiro e desgraciadamente mantén durante todo o ano camas pechadas no Hospital do Meixoeiro.

No peche de camas en verano no Meixoeiro chega o 50%, ademais dun peche importante de quirófanos. De funcionar todas as camas e quirófanos de mañán e tarde nos meses de verano,  podríamos disminuir as listas de espera nunhas 4.000 persoas.

CCOO esixe o funcionamento do 100% dos recursos os 12 meses e 365 días do ano; abrir quirófanos de tarde e contratar o persoal necesario.

CCOO, esixe unha UNIDADE DE CRÍTICOS no Hospital do Meixoeiro que permita realizar intervencións cirúrxicas de certa complexidade, recuperar camas do Nicolás Peña e dedicar más medios e persoal as urxencias extrahospitalarias ubicadas no antiguo Hospital Xeral.