Espa√Īa √© un dos pa√≠ses europeos que m√°is antibi√≥ticos utiliza en gander√≠a

Espa√Īa √© un dos pa√≠ses europeos que m√°is antibi√≥ticos utiliza en gander√≠a, un uso que tanto a lexislaci√≥n europea como a espa√Īola est√°n a reducir. Diversos expertos expuxeron as propostas para reducir o seu uso na √ļltima xornada do Instituto Tecnol√≥xico do Penso
Publicado por o d√≠a 05/11/2017 na sección de Alimentaci√≥n

Espa√Īa √© un dos pa√≠ses europeos que m√°is antibi√≥ticos utiliza en gander√≠a

Espa√Īa √©, despois de Chipre, o estado membro da Uni√≥n Europea que m√°is antibi√≥ticos utiliza en gander√≠a, principalmente en porcino. O propio sector, consciente de que isto sup√≥n unha desvantaxe competitiva fronte a outros pa√≠ses produtores, e a administraci√≥n, a trav√©s do Plan Nacional de Resistencia a Antibi√≥ticos, est√°n a corrixir esta situaci√≥n.

O principal cambio producirase a partir de xaneiro de 2018 coa implantación da receita electrónico entre o colectivo de veterinarios, o que permitirá ter unha trazabilidade dun antibiótico desde o laboratorio ata a gandería, e cunha restrición ao uso de antimicrobianos con carácter preventivo, que na actualidade ocupan o primeiro lugar, por encima do uso curativo.

Neste sentido, diversos expertos reunidos recentemente en Santiago de Compostela na xornada t√©cnica do Instituto Tecnol√≥xico do Penso debateron sobre as ‚ÄúAlternativas de reduci√≥n de antibi√≥ticos na alimentaci√≥n animal‚ÄĚ.

As√≠,¬†Pedro Medel de la Torre, director de I+D de Innovabiotics lembrou que a utilizaci√≥n de antibi√≥ticos en produci√≥n animal pasar√° de ‚Äútratamentos masivos e preventivos a espec√≠ficos e concretos‚ÄĚ co obxectivo de preservar a eficacia dos antimicrobianos e evitar a aparici√≥n de resistencias, un problema que se prev√© que ser√° de primeira magnitude nas pr√≥ximas d√©cadas.

Neste sentido, para afrontar a obrigación dun menor uso de antibióticos defendeu unha actuación integral ou holística en catro campos: bioseguridade, xenética, manexo e nutrición.

As principais estratexias que prevé Pedro Medel nas producións gandeiras ante a limitación ao uso de antibióticos son os seguintes:

-Cambios en xen√©tica: li√Īas m√°is ‚Äúr√ļsticas‚ÄĚ

En xeral isto asociarase a animais menos produtivos que no caso do gando porcino p√≥dese asociar a porcas que pairan animais cada vez m√°is grandes a pesar de diminu√≠r a prolificidade. Esta tendencia √© a contrar√≠a √° que se experimentou nos √ļltimos anos. As√≠, o n√ļmero de leit√≥ns destetados por porca e ano pasou de 20,34 no ano 2001 a 25,99 no 2015, un 28% m√°is en Espa√Īa.

-Cambios na nutrición: Dietas menos proteicas e con máis fibra.
En canto á nutrición, os cambios implicarán dietas máis seguras (menores niveis nutricionais, menor proteína, máis fibra, máis dixestibilidade, ausencia de factores antinutricionais), e posiblemente a suplementación con aditivos que potencien dita seguridade.

√Č previsible un maior desenvolvemento dos tratamentos nutricionais v√≠a auga nas granxas para a subministraci√≥n de antibi√≥ticos. Isto pode reemprazar o uso preventivo de antimicrobianos nos pensos medicamentosos.

En todo, segundo Pedro Medel ‚Äúnon hai ningunha familia de aditivos que por si soa sexa capaz de substitu√≠r o efecto da adici√≥n de antibi√≥ticos, polo que √© conveniente a procura de combinaci√≥ns de aditivos que act√ļen de maneira sin√©rxica‚ÄĚ.

-Benestar animal.
A densidade de animais será cada vez menor, co que o risco de propagación de enfermidades tamén se reducirá.

No caso dos leit√≥ns unha tendencia tam√©n √© que a idade ao destete ser√° cada vez maior, con menos risco de diarreas ao ter os bacori√Īos a microbiota intestinal m√°is desenvolvida.

Os selos de benestar animal e de producións gandeiras libres de antibióticos terán cada vez máis importancia para o consumidor.

Os selos de benestar animal e de producións gandeiras libres de antibióticos terán cada vez máis importancia para o consumidor

-Melloras na bioseguridade
O experto recomendou aumentar as medidas de bioseguridade en todo tipo de gander√≠as, inclu√≠das as de vac√ļn de leite.

Como medidas concretas, defendeu que o perímetro de seguridade dos vehículos que acceden ás granxas reduciría considerablemente o risco de patóxenos. Tamén recomendou evitar o acceso dos condutores ás instalacións gandeiras, limitacións reais ao acceso de persoal e xeneralizar medidas de hixiene como as duchas e o uso obrigatorio de botas e roupa específicas. Outras medidas serían a instalación de pediluvios e rotaluvios hábiles.

Igualmente, e como medidas sanitarias, lembrou a importancia de medidas de control de pragas (roedores, insectos, animais salvaxes) ou xestionar as dexeccións e os cadáveres

-Mellora na calidade microbiolóxica da auga.
O experto lembrou que ‚Äúa auga √© unha nutriente clave e un potencial veh√≠culo de transmisi√≥n pat√≥xenos‚ÄĚ. Neste sentido, incidiu na necesidade de realizar un tratamento sistem√°tico e unhas an√°lises qu√≠micas para garantir a s√ļa calidade, ben mediante filtros para elementos f√≠sicos (part√≠culas, turbidez‚Ķ) , microbiol√≥gicos mediante o uso de biocidas (NaClO/ ClO2 / O 3 / H 2 0 2).

‚ÄúA longo prazo, estas melloras ser√°n progresivamente implementadas polos sectores produtivos, e non necesariamente implicar√° unha perda en competitividade‚ÄĚ, conclu√≠u Pedro Medel.

Cambios no protocolo de uso dos antibióticos por parte dos veterinarios

Pola s√ļa banda, o profesor da Universidade de Lleida,¬†Lorenzo Jos√© Fraile Sauce, centrou a s√ļa intervenci√≥n no uso racional dos antibi√≥ticos. Neste sentido, lembrou que ‚Äúos antimicrobianos son unha ferramenta fundamental para unha produci√≥n eficiente, sustentable e rendible economicamente‚ÄĚ.

‚ÄúSen embargo, necesitamos revisar que se est√°n aplicando de forma correcta, e a partir de xa haber√° que xustificar o seu uso, realizar un bo diagn√≥stico, confirmando que √© un enfermidade de etiolox√≠a bacteriana e o tipo de bacteria, e dosificalo e aplicalo de forma eficiente?‚ÄĚ subli√Īou. ‚ÄúHai que esquecerse do uso profil√°ctico ou preventivo dos antibi√≥ticos, s√≥ poderanse utilizar como √ļltimo recurso, ag√°s que non haxa outra opci√≥n posible‚ÄĚ, advertiu Lorenzo Jos√© Fraile.

Lorenzo Fraile: ‚ÄúHai que esquecerse do uso profil√°ctico ou preventivo dos antibi√≥ticos, ag√°s que non haxa outra opci√≥n posible‚ÄĚ

Neste sentido, como principais deberes para o sector veterinario, destacou os seguintes:

-Necesitamos revisar en profundidade os programas de medicina preventiva para o control de enfermidades bacterianas:
Vacinas: unha alternativa cada vez máis utilizada.
Medio ambiente: ver as melloras que se poden aplicar nas instalacións, manexo e alimento para previr as enfermidades bacterianas. A hixiene e a bioseguridade son claves.
Antimicrobianos: √© o √ļltimo recurso a utilizar. D√©bese identificar correctamente o pat√≥xeno.

-Necesitamos comprobar que estamos a aplicar correctamente os tratamentos antimicrobianos :
Inxectables: Por esta vía adóitase sobredosificar os antibióticos.
Auga de bebida: Por esta vía adóitanse subdosificar os antibióticos
Penso: Por esta vía adóitase subdosificar os antibióticos.

-Necesitamos integrar no noso modo de traballar unha monitoraxe da sensibilidade dos microorganismos que se deben tratar con antimicrobianos:
Diagnóstico e illamento
Monitoraxe da sensibilidade.

-Necesitamos cuantificar o consumo de antimicrobianos no noso sistema de produci√≥n. √Č interesante utilizar o sistema ESVAC para poder compararse a nivel nacional e internacional.

-Debemos tomar conciencia que a maior parte do consumo de antibióticos orixínase polo uso profiláctico de antimicrobianos.