España volve superar as 300 mortes por coronavirus ao día, pero xa hai máis de 100.000 recuperados

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Coronavirus,España

España volve superar as 300 mortes por coronavirus ao día, pero xa hai máis de 100.000 recuperados

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón e a directora do Instituto de Saúde Carlos III, Raquel Yotti, compareceron en rolda de prensa tras a reunión diaria do Goberno co Comité Técnico de Xestión do Coronavirus Covid-19.

Tras un domingo no que os falecementos diarios caeron por baixo da barreira dos 300, este luns as mortes vinculadas ao coronavirus volveron a repuntar, do mesmo xeito que os casos confirmados.

Sanidade confirmou 331 novos decesos -fronte aos 288 que comunicou o domingo-, 1.831 novos casos confirmados -o domingo foron 1.729- a través de probas PCR e 2.144 altas médicas máis este luns.

O número total de falecidos xa ascende a 23.521 persoas desde que comezase a epidemia e o de casos diagnosticados a través de PCR a 209.465 persoas.

A pesar de que o aumento das persoas recuperadas do virus é notablemente menor que o do domingo, cando se recuperaron 3.024 persoas -case 1.000 máis que este luns- superouse a barreira dos 100.000 curados totais, con 100.875. Se a tendencia mantense, pronto o número de persoas que se recuperaron da covid-19 superará a metade do total dos casos confirmados.

A directora do Instituto de Saúde Carlos III deu detalles do estudo serológico que comezou hoxe e que permitirá coñecer un mapa completo da dimensión da infección por en España.

– É un dos primeiros estudos no mundo con esta magnitude
– Os datos obtidos facilitarán a toma de decisións

Yotti, explicou a improtancia de participar neste estudo, que, aínda que é voluntario, resulta fundamental a nivel científico e axudará na toma de decisións para a fase de desescalada.