O Colectivo de Intervención Política ESPAZO (antes Espazo Ecosocialista Galego) reuniu hoxe por primeira vez o seu Consello Dinamizador, elixido na III Asemblea Nacional celebrada o pasado día 3 en Ames.
A xuntanza serviu para deseñar a nova folla de ruta desta cooperativa política de esquerdas e definir polo concreto as novas tarefas que esta formación.
Especial atención prestóuselle aos procesos de converxencia democrática que se están a dar no campo da esquerda e das mareas cidadáns.
Para dar conta das propostas de ESPAZO a este respecto e valorar a situación do proceso da chamada ‘unidade popular’ compareceron diante da prensa Xoán Hermida, director do Foro OBenComún (exCoordinador de Espazo Ecosocialista Galego) e Manel Cardoso, novo Coordinador de ESPAZO.
Xoán Hermida explicou que “ate hai uns anos a participación política so era posible no marco dos partidos políticos, o novo tempo político aberto polo 15M deixou en evidencia as carencias dun modelo democrático limitado e situou a demanda da repolitización da sociedade desde un perspectiva de participación directa.”
Para o anterior coordinador de ESPAZO “as Mareas e as candidaturas cidadanistas teñen sido a expresión máis clara desta nova forma de interpretar a política. ESPAZO é fillo deste novo tempo.”
Para Hermida, “a III Asemblea ven de dar un paso máis aló, ao transformarnos de partido a Colectivo de Intervención Política anunciamos que renunciamos a cupos ou negociacións interesadas; o noso único formato posible é o das candidaturas unitarias (ESPAZO renuncia a presentarse so nin en formato de coalicións)”
O novo Coordinador de ESPAZO, Manel Cardoso, aproveitou para facer unha análise da nova situación política aberta tras as municipais e valorar os pasos dados no proceso de converxencia cara as eleccións xerais.
Para Cardoso, ESPAZO ten amosada a autoridade e lealdade demostrada na nosa aposta clara e decidida por AGE e AGEe nas autonómicas e europeas ou a decisión política que adoptamos en tódo o proceso das municipais de desactivarnos como “ESPAZO” para diluírnos nas mareas cidadáns ou municipalistas, non entrando a negociacións de cupos, xa que no noso ADN está a racalidade democrática como principio ético. Por iso somos unha organización sen representación institucional, ainda que hai adheridos a ESPAZO exercendo como concelleiros en distintos concellos; mesmo. Pero consideramos que non son nosos. Son das Mareas Municipalista, do empoderamento cidadán.
Manel Cardoso recordou, que tal como aprobou a III Asemblea de ESPAZO, “saúdamos positivamente o preacordo en Galicia dos partidos ANOVA, EU E PODEMOS. Desexando que prevaleza, desembarcando nun acordo aberto e participado por máis expresións políticas”
“Candidatura Democrática e Cidadán en Galicia para as vindeiras eleccións xerais”, que para o coordinador de ESPAZO, “ten que basearse en tres pilares: Partidos, Mareas Municipalistas e Axentes sociais, con credibilidade para o cambio.”
“Consideramos e instamos que o segundo piar, as Mareas Municipalistas, teñen que tomar a iniciativa e demostrar a autonomía que se lles supón, compatibilizando coas dos partidos”, indicou o Coordinador de ESPAZO.
Cardoso concluíu asegurando que o papel das mareas municipalistas é central, pois son “as que poden introducir elementos de participación na alianza e evitar asi as eivas que no seu día amosou AGE.”
PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.