Espazo Ecosocialista celebra a súa III Asemblea [Extraordinaria]

Por o 01/10/2015 | Sección: Espazo Ecosocialista,Política
Espazo Ecosocialista celebra a súa III Asemblea [Extraordinaria]

Baixo o lema “construír a unidade popular, reforzar o ben común” Espazo Ecosocialista celebra este sábado 3 de outubro a súa III Asemblea Nacional [Extraordinaria] no concello de Ames [Pazo da Peregrina. Bertamiráns].

A asemblea ven marcada polo período de reflexión que a organización ecosocialista tomou despois das eleccións municipais co fin de abordar a nova etapa aberta na recomposición da unidade da esquerda tras o trunfo das Mareas e como seguir afondando na nova política participada pola cidadanía.

Ademais Espazo abordará o seu papel como colectivo diante do que entende é un novo escenario onde cobran protagonismo novos instrumentos políticos que se veñen a sumar aos existentes ata o de agora, os partidos políticos.

A asemblea tamén servirá para renovar os seus órganos de dirección e elixir a quen substituirá a Xoán Hermida ao fronte da organización, tras a súa dimisión o pasado mes de xuño.

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA