Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica Incondicional

Publicado por o día 12/02/2015 na sección de Espazo Ecosocialista,Galicia,Política,Pontevedra

Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica Incondicional

– O partido da esquerda verde galega Espazo Ecosocialista fará campaña en Redondela a favor da Renda Básica.

Para este colectivo a Renda Básica é un instrumento de empoderamento cidadá e útil para transformar o concepto do traballo e permitir unha vida digna as persoas desde que nacen.

Espazo Ecosocialista, que no seu día xa apoiou a campaña europea a favor da Renda Básica Universal, neste momento esta a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da Renda Básica que esta en período de tramitación no Congreso dos Deputados.

No marco desa campaña maña venres 13 de febrero ás 20,00 horas celebrará na aula da Cafetaría do Multiusos da Xunqueira unha Charla-Debate que co titulo “Renda Básica e Dereito da Cidadanía” estará presentada por Noe Covelo e impartida polo Coordinador Nacional de Espazo, Xoán Hermida, e o especialista e mediador social, José Antonio Ramírez. Este acto conta co apoio do grupo de AER de Redondela.

No acto recolleranse sinaturas de apoio a esta ILP.

De igual xeito, nos próximos días o Grupo Municipal de AER, a solicitude de Espazo Ecosocialista, rexistrara para o seu debate en Pleno na Corporación de Redondela unha moción para que o concello de Redondela apoie está iniciativa tan necesaria nun momento en que o risco de exclusión social sitúase preto de un terzo da poboación.