Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política sobre a construción de alternativas nos concellos

Publicado por o día 06/11/2014 na sección de Espazo Ecosocialista,Política

Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política sobre a construción de alternativas nos concellos

O vindeiro 8 de novembro, Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política centrada no desenvolvemento de alternativas nos Concellos.

O lugar será o Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames). As xornadas comezarán cunha Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos, na que contaremos con representantes de distintas plataformas que están a constituirse en alternativa en concellos do país. Así, teremos representantes da Marea Atlántica, de Ames Novo e da AER de Redondela; xunto coa participación de Fabio González, Portavoz de EKI-Iratzarri e Alex Mañas, Concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona.

Pola tarde desenvolveremos 3 seminarios: Municipalismo e ordenación territorial, Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos e Sustentabilidade e Urbanismo nos que contaremos con Martiño Noriega, alcalde de Teo, Alex Mañas, concelleiro en Badalona, Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamentos municipais en concellos costeiros e Manuel Hermo e Xose Manuel Penela, funcionarios dos concellos de Vigo e Redondela respectivamente, entre outros. As xornadas rematarán cun plenario para debater as conclusións.

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA