ESPAZO reúne a súa Comunidade Aberta para abordar as tarefas do colectivo político nos próximos meses e preparar as autonómicas

Publicado por o día 19/03/2016 na sección de Espazo Ecosocialista,Política

O Colectivo Político ESPAZO (ecosocialista) celebra este sábado 19 de marzo a xuntanza da súa Comunidade Aberta, órgano máximo entre asembleas.

 A xuntanza celebrarase no Restaurante Paz Nogueira (na rúa Castiñeiriño 14) de Santiago de Compostela.

Dous son os temas que abordaran os ecosocialistas.

– Análise sobre a situación política (proceso para a configuración de novo goberno no estado, proceso de En Marea e de encontros de Mareas municipalistas coa posta vista nas autonómicas, informe da xestión dos contactos mantidos polo Consello Dinamizador con outros axentes políticos para o reagrupamento da esquerda nacional)

– Plan de traballo do Foro OBenComún  (composición do consello de Ideas, relacións con outras fundacións, páxina web, edición libro sobre (re) pensar a democracia)

Ao remate da xuntanza (ás 13,00 horas)  no mesmo lugar comparecerán Manel Cardoso, Coordinador de Espazo, e Xoán Hermida, director do Foro OBenComún.

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA