Especialistas do Álvaro Cunqueiro acada un tempo de resposta de 39 minutos na administración do tratamento fibrinolítico

Esta doenza constitúe unha emerxencia médica que require dunha intervención inmediata para realizar o diagnóstico e o tratamento, xa que canto máis tempo dure a interrupción do fluxo sanguíneo cara o cerebro, maior é o dano
Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Especialistas do Álvaro Cunqueiro acada un tempo de resposta de 39 minutos na administración do tratamento fibrinolítico

O servizo de Neuroloxía do Alvaro Cunqueiro e a Asociación Alento de Daño Cerebral, celebraron xuntos o Dia mundial do Ictus, con diversas actividade dirixidas á cidadanía. No dia de onte, o coordinador da Unidade de Ictus, Joaquin Sánchez Herrero, achegouse á sede de Alento par ofrecer unha charla sobre esta enfermidade.

Segundo explica o Dr. Sánchez Herrero –“O Ictus require dunha intervención inmediata para realizar o diagnóstico e o tratamento, porque canto máis tempo dure a interrupción do fluxo sanguíneo cara o cerebro, maior é o dano”-

Hoxe en día, os profesionais do Chuvi conseguiron un tempo de resposta para administrar o tratamento fibrinolítico aos pacientes con ICTUS de 39 minutos, cifra que mellora as recomendacións internacionais que ten como obxectivo inicialo dentro dos 45 minutos desde a chegada do paciente ao hospital . De feito, desde a posta en marcha da Unidade de Ictus hai un neurólogo de garda no hospital, que se encarga de realizar o diagnóstico inicial do paciente con sospeita de padecer a enfermidade.

A Unidade de Ictus atendeu a 2700 pacientes

  1. “No momento actual os tres piares fundamentais no tratamento do ICTUS son as Unidadede ictus, das que se poiden beneficiar a maioría dos pacientes, e que ten demostrado que mellorar a supervivencia e a independencia; o tratamento fibrinolítico e a tromboctomía mecánica “- asegura o Dr. Sanchez Herrero.

A ferramenta máis importante para o tratamento da enfermidade é a Unidade de Ictus. Precisamente, a do Hospital Álvaro Cunqueiro ven de cumprir tres anos de existencia, durante os que ingresaron 2700 pacientes. No que vai de ano levan hospitalizados 650 pacientes. A Unidade conta con seis camas con monitorización permanente.

No referido aos tratamentos, cando se produce un infarto cerebral isquémico, sempre que é posible, o neurólogo administra a fibrinolise, que é un medicamento que disolve o tapón que obstaculiza o fluxo sanguíneo. Este medicamento só pode aplicarse nas primeiras catro horas e media do infarto cerebral. Os neurólogos de Vigo levan indicados 132 tratamentos fibrinolíticos no que vai de ano, o que representa un 20% dos pacientes con esta patoloxía ingresados na Unidade.

Cando non se pode administrar a fibrinolise ou esta fracasa, existe unha alternativa, a trombectomía mecánica, técnica na que un neurorradiólogo introduce un catéter ata o trombo para a extracción do mesmo. Esta alternativa debe realizarse nas seis primeiras horas. A trombectomía púxose en marcha hai dous anos en Vigo. No que vai de ano levan realizadas 124 destes procedementos.

Cabe destacar que o Álvaro Cunqueiro é a referencia da práctica de trombectomías para o sur de Galicia.

Tipos e factores de risco do ictus

O ictus ou accidente cerebrovascular é unha enfermidade producida por un trastorno brusco da circulación cerebral que altera o funcionamento dunha ou varias áreas do cerebro. A interrupción do fluxo sanguíneo provoca unha diminución da achega continua de osíxeno e nutrientes que precisan as neuronas para poder desenvolver as súas funcións. En Galicia prodúcense ao redor de 7.000 novos casos cada ano, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía.

Existen fundamentalmente dous tipos de ictus: o isquémico é o máis frecuente e prodúcese pola obstrución ou taponamento dun vaso, que impide que o sangue chegue a unha ou varias áreas do cerebro e que pode ser transitorio. Se esta situación mantense no tempo, pode quedar unha lesión permanente na rexión afectada. O segundo tipo é o hemorráxico, aínda que é menos frecuente. Orixínase como consecuencia da ruptura dun vaso dentro do cerebro ou nas súas envolturas e causa unha hemorraxia cerebral.

Esta patoloxía é o resultado da confluencia dun determinado estilo de vida e de circunstancias persoais. Os factores de risco máis importantes son a idade (O 75% de los ictus afectan a maiores de 65 años); os antecedentes persoais ou familiares de enfermidades cardiovasculares; a hipertensión arterial; as dislipemias (colesterol e outros lípidos aumentados); a diabetes mellitus; o consumo de tabaco, alcohol e drogas; e a vida sedentaria.

No noso país, o ictus continua sendo a segunda causa de morte, a primeira en mulleres;a primeira causa de discapacidade en adultos e a segunda de demencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.