Espectáculo de teatro para bebés este sábado no Centro Cultural da Guarda

Publicado por o día 26/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Espectáculo de teatro para bebés este sábado no Centro Cultural da Guarda

O Sábado 29 de setembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño.

A sesión de teatro terá lugar ás 18:00h e é preciso retirar previamente as entradas no Centro Cultural en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.

Cultura no Camiño desenvolve este ano a súa sexta edición, organizado entre a A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia implicando a un total de 103 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.

Un total de 342 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 146 formacións artísticas galegas configuran esta axenda.

Sobre a obra de teatro Zapatos

¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.

Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. ” Zapatos” narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.