Espectáculo de humor no Pazo de Mos ‘Que2cachosdesqueches’

Publicado por o día 19/02/2018 na sección de Galicia,Mos

Espectáculo de humor no Pazo de Mos  ‘Que2cachosdesqueches’

Trátase dun monólogo con entrada gratuíta que terá lugar o vindeiro sábado a partir das 21.00 horas.

Dende a concellería de Cultura mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o auditorio do Pazo de Mos acollerá o vindeiro sábado, día 24 de febreiro, ás 21.00 horas e con entrada de balde ata completar aforamento, o monólogo humorístico titulado ‘Que2cachosdesqueches’.