Esquerda Unida acudirá á mobilización a favor da dotación de máis recursos para o centro de saúde de Navia

Publicado por o día 10/01/2017 na sección de Política,Vigo

Esquerda Unida acudirá á mobilización a favor da dotación de máis recursos para o centro de saúde de Navia

EVA SOLLA E RUBÉN PÉREZ PARTICIPAN MAÑÁ MÉRCORES NA MOBILIZACIÓN A PROL DA DOTACIÓN DE PERSOAL E RECURSOS PARA O CENTRO DE SAÚDE DE NAVIA

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, e  Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá mércores 11 ás 19h. na mobilización, convocada por SOS Sanidade Pública Vigo, Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e AAVV de Novo Vigo, a favor da dotación de máis recursos, como un maior número de profesionais sanitarios, para o centro de saúde de Navia.