Esquerda Unida agarda que se poñan en marcha á maior brevidade os mecanismos que garantan o proceso electoral de En Marea

Por o 03/12/2018 | Sección: Esquerda Unida,Política
Esquerda Unida agarda que se poñan en marcha á maior brevidade os mecanismos que garantan o proceso electoral de En Marea

Respecto aos acontecementos que impediron o desenvolvemento do proceso de votación para as eleccións internas de En Marea, que ían celebrarse esta fin de semana, actualmente en situación de suspensión indefinida.

Dende Esquerda Unida levamos tempo traballando xunto con outros actores e colectivos na procura dunha En Marea como espazo plural e diverso quen de acoller a confluencia como motor da unidade popular.

Nesta fin de semana puidemos comprobar como unha serie de acontecementos impediron que se levaran a cabo as votacións para a renovación do Consello das Mareas e da Comisión Ética e de Garantías. Esta suspensión do proceso responde a unha decisión da comisión de garantías, a instancias da dirección saínte de En Marea, aducindo supostas eivas para o desenvolvemento das eleccións. O Comité Electoral, único órgano lexitimado para paralizar o proceso, reúnese e manifesta que, tras as comprobacións oportunas, si existían plenas garantías democráticas para levar a cabo as votacións.

O sábado pola mañá ás 9:00 horas as votacións inícianse con normalidade a través da plataforma contratada para tales efectos. Pasadas dúas horas aproximadamente tras a apertura do proceso de votación, o responsable do partido En Marea ordena unilateralmente paralizar o proceso de votación en contra da decisión adoptada polo Comité Electoral.

Esta orde de suspensión do proceso adoptada en contra do único órgano habilitado para tomar tal decisión, prolongouse durante todo o período de votación que remataba hoxe luns ás 9:00, impedindo así que as inscritas puideran exercer o seu dereito a voto.

Dende Esquerda Unida, consideramos que a decisión de suspensión do proceso tomada dende a dirección saínte de En Marea supón unha vulneración dos dereitos das persoas inscritas contradecindo así ao órgano electo e habilitado polo plenario do 27 de outubro para garantir a transparencia e bo facer do proceso.

Por todo isto, dende Esquerda Unida demandamos unha solución rápida, transparente e con garantías para que as persoas inscritas poidan votar coa maior brevidade no proceso de renovación dos órganos de dirección de En Marea.

 

 

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Esquerda Unida agarda que se poñan en marcha á maior brevidade os mecanismos que garantan o proceso electoral de En Marea"

  1. Gamela   07/12/2018 at 19:30

    Xa que piden “transparencia” ben podían comezar eles mesmos por publicar no Portal de Transparencia AS CONTAS CLARAS !!!

    https://cabozo.com/taboext.php?grupo=taboleiro&id=9263174

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.