Esquerda Unida alerta dos contratos públicos a concurso que priorizan o recurte en custos sobre as capacidades técnicas ou o servizo

Publicado por o día 08/07/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida alerta dos contratos públicos a concurso que priorizan o recurte en custos sobre as capacidades técnicas ou o servizo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ALERTA DOS CONTRATOS PÚBLICOS A CONCURSO QUE PRIORIZAN O RECURTE EN CUSTOS SOBRE AS CAPACIDADES TÉCNICAS OU O SERVIZO.

EU DE VIGO pon de exemplo o concurso aberto para a xestión da vixiancia dos museos da cidade, donde os aspectos técnicos puntuan un máximo de 10 e rebaixar o prezo estimado do servizo 60 puntos. Para EU esto significa “ofertas á baixa” que logo repercuten nos salarios e condicións laborais dos traballadores e traballadoras.

Rubén Pérez acusa directamente ao gobermo municipal de “alentar a precarización laboral nas contratas municipais privadas”

Para o coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, resulta significativo que neste concurso aberto a empresa que menos puntuación técnica ten, con moita diferencia, é a que maior puntuación total ten ao “abaratar sensiblemente o custe total do servizo estimado polo Concello”. EU considera que en concesións como estas ese suposto abaratamento vai directamente relacionado con precaridade laboral e salarios que en ocasións son simplemente o Salario Mínimo Interprofesional.

EU considera ilustrativa a existencia de moitas empresas “creadas exclusivamente para optar a concursos desta índole” sabendo que teñen prácticas laborais piratas que afortunadamente non existen en outras donde existe tutela sindical efectiva, polo que pide que a estos concursos somentes poidan optar empresas con comités de empresa constituídos ou delegados sindicais eleitos. EU pide vixiancia sindical contínua nestas empresas, algunhas das cales os domicilios sociais son particulares e o personal contratado con axudas para a inserción laboral.

EU sigue defendendo a xestión pública directa de tódolos servizos municipais, mesmo a creación de cooperativas de traballadores para a xestión indirecta da mesma cando por motivos legais non poida contratar directamente a institución municipal, considera que “o complexo entramado de empresas que están facendo o agosto cos recursos públicos ten que desaparecer”, especialmente en momentos de crise económica que requiren das administracións públicas corresponsabilidade na xestión económica.

PRENSA EU VIGO