Esquerda Unida, ante os resultados das Eleccións Municipais, indica a necesidade dunha fonda valoración colectiva sobre as dificultades que levaron ao estreitamento do espazo da esquerda

Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida, ante os resultados das Eleccións Municipais, indica a necesidade dunha fonda valoración colectiva sobre as dificultades que levaron ao estreitamento do espazo da esquerda

Os resultados das eleccións municipais debuxan un panorama dispar, cun resultado nalgúns casos agridoce gracias ao mantemento ou crecemento da confianza das veciñas e veciños nos proxectos iniciados polas nosas candidaturas nalgúns concellos, como é o caso de Mugardos, O Porriño ou Cangas, entre outros.

Non obstante, o estreitamento do espazo da esquerda en moitos outros concellos require unha análise das ferramentas de confluencia, que evidenciaron o peso das discusións internas, condicionando en boa medida os resultados obtidos.

Esquerda Unida entende que estes resultados son unha advertencia da necesidade de emendar e corrixir criticamente os erros e unha oportunidade de traballar na reconstrución dun espazo político máis integrador, feminista, ecoloxista e de clase que ofreza propostas para mellorar as condicións de vida da clase traballadora.

Comentar noticia

Your email address will not be published.