Esquerda Unida apoia ao persoal do CHUO no seu peche contra os recortes continuos en Sanidade

Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Esquerda Unida,Política,Sanidad

Esquerda Unida apoia ao persoal do CHUO no seu peche contra os recortes continuos en Sanidade

Esquerda Unida manifesta o seu apoio ao peche que mantén o persoal do Complexo Hospitalario de Ourense, no vestíbulo da entrada de dito hospital, dende a tarde do mércores 17 coa fin de denunciar o recorte de persoal e recursos, así como a eliminación de camas que impón a Consellería de Sanidade nunha época na que as urxencias galegas están de por si saturadas.

Segundo sinalan as e os traballadores, o peche manterase ata que o persoal sexa  recibido polo conselleiro de Sanidade, ao que trasladarán as súas demandas, así como 4.000 firmas para reclamar ao Goberno galego un uso responsable dos recursos. As e os traballadores do centro destacan as carencias de persoal ou os recortes continuos postos en marcha polas políticas austeras do PP e que vimos denunciando, dende Esquerda Unida, en reiteradas ocasións por rematar coa destrución da sanidade pública, universal e gratuíta.

Dende Esquerda Unida entendemos que o apoio a este peche é totalmente necesario e denunciamos este hospital se convertese en todo un símbolo do nefasto modelo de sanidade que implanta o PP. Para defender a nosa sanidade contra os recortes continuos, sumámonos e chamamos a participar nas concentracións convocadas por Sos Sanidade Pública que terán lugar por toda Galicia este 24 de xaneiro en diferentes cidades e localidades, especialmente, de cara a unha gran manifestación nacional que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro en Santiago de Compostela.