Esquerda Unida apoia a mobilización do 15-D e coincide cos sindicatos na necesidade de saír ás rúas para pular pola recuperación dos nosos dereitos

Publicado por o día 14/12/2016 na sección de Esquerda Unida,Política,Protestas,Vigo

Esquerda Unida apoia a mobilización do 15-D e coincide cos sindicatos na necesidade de saír ás rúas para pular pola recuperación dos nosos dereitos

Esquerda Unida apoia a folga dos sindicatos que terá lugar mañá, xoves 15 de decembro, en toda Galicia coa fin de mudar o escenario do noso país e pular por diferentes demandas baseadas na recuperación dos nosos dereitos, tales como un emprego de calidade, salarios dignos, pensións sostibles, garantías de poder adquisitivo para a cidadanía, así como unha prestación de ingresos mínimos para combater a desigualdade social.

Dende Esquerda Unida sabemos que esta situación pode ter solución e que, dende as rúas, podemos facer destas loitas unha ferramenta para mudar a realidade do país. É por iso que dende EU chamamos á participación activa nestas mobilizacións a prol da recuperación dos nosos dereitos.

Lugares e datas:

– A Coruña: manifestación ás 20 h desde a praza da Palloza ata a Delegación do Goberno.

– Ferrol: manifestación ás 20 h desde a praza de España ata Os Cantóns.

– Santiago de Compostela: manifestación ás 19:30 h ao redor do Parlamento de Galicia.

– Lugo: concentración ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno.

– Viveiro: concentración ás 19:30 h diante da oficina de turismo.

– Ourense: concentración ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno.

– Vilagarcía de Arousa: concentración ás 19 h na praza de Galicia.

– Pontevedra: concentración ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno.

– Vigo: manifestación ás 20 h desde a Vía Norte ata o edificio da Xunta (Concepción Arenal).