Esquerda Unida apoia as mobilizacións pola defensa das pensions que se van a celebrar en Vigo

Publicado por o día 20/11/2013 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida apoia as mobilizacións pola defensa das pensions que se van a celebrar en Vigo

  Esquerda Unida pide á cidadanía que dea a “batalla contra o ‘pensionazo’ do Goberno” participando nas manifestacións que se van a celebrar este xoves e sábado en Vigo, como resposta a unha reforma do sistema público de pensións que “ataca a algo tan básico como a propia subsistencia das familias” e que, ademais, “choca contra a Constitución”, a cal di defender o PP.

   Aínda que o PP vai a aplicar unha vez mais o rodillo da súa maioría absoluta tamén neste tema, a participación da cidadanía nestas manifestacións cos sindicatos ten unha “especial importancia” xa que a “batalla en defensa dunhas pensións dignas non remata no Parlamento. Vaise a ter que facer na sociedade para illar ao PP, e para demostrar que a súa política en materia de pensións é claramente contraria aos intereses xerais”.

 Esquerda Unida avoga pola unidade de acción sindical, sen menoscabo para a posición que poida ter cada sindicato, xa que o importante é sumar forzas para a defensa do sistema público de pensións, de todos e todas, fronte as agresións do PP.

  As medidas que vai a implantar o PP rompen o desenvolvemento normal dunha pensión digna e afectan especialmente a colectivos que, nestes momentos, necesitan que a pensión sexa un elemento non só de recoñecemento á persoa que traballou senón que, en moitos, casos é o sustento practicamente dunha familia”.