Esquerda Unida en apoio ás reivindicacións da industria auxiliar do naval en Ferrol

Publicado por o día 19/10/2017 na sección de Esquerda Unida,Ferrol,Galicia,Política

Esquerda Unida en apoio ás reivindicacións da industria auxiliar do naval en Ferrol

Os traballadores das compañías auxiliares do naval son, de novo, os máis perxudicados dentro do estaleiro público de Navantia, que segue a defender a perpetuidade da precariedade laboral dos seus traballadores, e continúa sen cumprir os acordos asinados no ano 2001 e ratificados no ano 2006 coa industria auxiliar.

As reivindicacións lexítimas dos traballadores esixen melloras laborais así como o cumprimento dos acordos tomados hai case 20 anos e que non chegaron a aplicarse nunca.

Dende Esquerda Unida consideran que a connivencia de Navantia S.A. para coas empresas auxiliares en detrimento dos traballadores é inaceptable, como tampouco o son as ameazas verquidas pola dirección de estaleiro público tratando de responsabilizar aos traballadores desta situación de paro ante a lexítima mobilización que están a levar a cabo en defensa dos seus dereitos.

Desde Esquerda Unida esixen a mellora das actuais condicións laborais dos traballadores da industria auxiliar, acorde co que xa está asinado, así como a recuperación dos dereitos laborais gañados hai case 20 anos e que non se respetan na actualidade.