Esquerda Unida busca aliados en Europa contra os efectos da contaminación por lindano

A eurodeputada de Esquerda Unida Paloma López, preguntará á Comisión Europea (CE) sobre os protocolos de seguridade aplicados na manipulación, traslado e almacenamento do *lindano na comarca do Porriño
Por o 12/02/2018 | Sección: Esquerda Unida,Política
Esquerda Unida busca aliados en Europa contra os efectos da contaminación por lindano

O caso do lindano no Porriño é un problema de contaminación ambiental de primeira magnitude en Galicia. É por iso que Esquerda Unida vén de levar a Europa, da man da eurodeputada de Esquerda Unida, Paloma López, unha serie de preguntas nas que solicita á Comisión Europea -CE- que aclare cuestións tales coma se ten coñecemento da actual situación que os veciños do Porriño están a vivir, coa contaminación de *lindano; ou se cre que as medidas de control nesta zona cumpren a normativa europea, ademais de garantir a calidade da auga.

Nos últimos meses levaron a cabo labores de retirada de lindano e, ante a posibilidade de que estas se fixeron tempa as medidas de protección adecuadas, a eurodeputada de Esquerda Unida, Paloma López, preguntará á Comisión sobre os protocolos de seguridade aplicados nos traballos de manipulado, traslado e almacenamento do lindano.

Entre 1947 e 1964 na localidade do Porriño, no polígono de vivendas de Torneiros a compañía farmacéutica Zeltia desenvolveu a súa actividade industrial na que producía lindano. As verteduras na zona, estimados en máis de 1.000 toneladas, provocaron que o seu chan este totalmente impregnado deste tóxico.

EU Son O Porriño denunciou en repetidas ocasións os altos niveis desta substancia tóxica perigosa presente na comarca de Torneiros, esixindo a implicación das diferentes administracións (concretamente o Concello e o Parlamento de Galicia) para paliar este problema ecolóxico e sanitario que require dunha resposta inmediata que vaia máis aló de pechar os pozos de auga contaminados dos que a veciñanza leva anos abastecéndose.

O lindano está presente tamén en terras de cultivo, como no terreo sobre o que se sitúan vivendas e zonas de parques, un deles bautizado como Parque do Lindano. A superficie afectada esténdese por toda a localidade chegando a outras localidades limítrofes como Mos. Todo isto implica o incumprimento da Directiva 1998/83/CE Directiva, 2000/60/CE e a Directiva 2009/90/CE.

O goberno da Xunta de Galicia acaba de solicitar que se evite o consumo de auga e de produtos cultivados procedentes da zona, polo que a eurodeputada de Esquerda Unida preguntará á Comisión se considera suficiente as medidas postas en marcha pola Xunta.

Esquerda Unida considera que, debido á natureza tóxica do lindano, é necesario seguir traballando e buscar aliados en Europa, co fin de tomar medias e destinar os orzamentos necesarios para levar a cabo acciones efectivas contra este contaminante.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.