Esquerda Unida celebrou a sua asamblea comarcal preparatoria cara a XXI Asamblea Nacional

Por o 13/05/2017 | Sección: Esquerda Unida,Política,Vigo
Esquerda Unida celebrou a sua asamblea comarcal preparatoria cara a XXI Asamblea Nacional

Esta mañá no Hotel Coia de Vigo celebrouse a Asemblea da Comarca de Vigo preparatoria para a próxima XII Asemblea Nacional do 3 de xuño en Compostela.

Afiliados e simpatizantes da organización na comarca debateron tanto o Informe-Balance de xestión da Dirección Nacional sainte, o Documento Político presentado pola candidatura para a próxima dirección e aportaronse enmendas e contribucións cara a renovación dos estatutos nacionais.

Ó longo da mañá producíronse debates productivos sobre as teses presentadas no documento “Unha EU para a unidade popular” que servirán sen dúbida para contribuir dende a comarca coas suas impresións no deseño dunha estratexia de intervención nas confluencias que faga a EU unha ferramenta ainda mais forte para a transformación da sociedade  e na defensa dos intereses da clase traballadora.

O próximo 3 de xuño en Compostela finalizará o proceso de renovación dos órganos de dirección, documentos políticos, estatutos e resolución.

Una respuesta para "Esquerda Unida celebrou a sua asamblea comarcal preparatoria cara a XXI Asamblea Nacional"

  1. Gamela   13/05/2017 at 22:56

    Unidade… onde ? Cando todo son liortas e puñadas por baixo da mesa ?
    Sobran “Partidos” e faltan PROGRAMAS DE UNIDADE REAL nestes tempos escuros !!!
    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/57002-solla-pide-recuperar-xerme-marea-falta-debate-politico