Esquerda Unida chama a manifestarse contra a colocación do Alfageme na rotonda de Coia

Publicado por o día 12/12/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida chama a manifestarse contra a colocación do Alfageme na rotonda de Coia

O coordinador local de EU, Rubén Pérez, chamou hoxe á cidadanía viguesa a mobilizarse hoxe cos veciños e veciñas de Coia ás 19 horas dende Traviesas (con Praza de America) contra a pretensión do goberno local de empregar máis de medio millón de euros nunha rotonda para o barco Alfageme e iluminación de nadal “é un insulto a xestión pública eficiente”.

EU considera que esta actuación “colmou a paciencia de moitos vigueses e viguesas” e é tempo de respostas ante un uso caudillista dos recursos públicos en Vigo.

ESQUERDA UNIDA considera que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO