Esquerda Unida cuestiona a contratación de 100 personas para limpeza viaria en Vigo

Publicado por o día 20/06/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida cuestiona a contratación de 100 personas para limpeza viaria en Vigo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CUESTIONA O MOTIVO DA CONTRATACIÓN DE 100 PERSOAS PARA LIMPEZA DE RÚAS EXISTINDO UN CONTRATO CON CONCESIONARIA PRIVADA QUE SE ENCARGA DESTE FEITO.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera extremadamente perigoso suplir con cartos públicos responsabilidades que son propias das concesións. Un goberno municipal non está para regalar nada a empresas privadas que teñen a obriga de dar un servizo conseguido mediante concurso público.

Para EU o contrato (que pasou de 23 millóns a máis de 27 millóns de euros para 2014) obriga xa a concesionaria a “manter limpas as rúas da nosa cidade” e non entendemos como se pode artellar un reforzo de 100 personas que non pase pola contratación directa da contrata.

De todos xeitos, se o que realmente ocurre é que a contrata non está realizando o seu cometido, o concello ten que auditar a explotación da concesión e mesmo ir artellando, se é preciso, unha alternativa para 2017, cando expira a concesión de 16 anos.

EU considera que por suposto que é preciso que o Concello contrate personal para mantemento de infraestructuras e outros servizos, especialmente en colectivos de dificil inmersión laboral, pero “este anuncio do Alcalde nin clarifica como se contratará, se serán directamente mediante concurso público ou de novo asistiremos a unha “espiral de favores nunha contratación opaca”.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO

Una respuesta para "Esquerda Unida cuestiona a contratación de 100 personas para limpeza viaria en Vigo"