Esquerda Unida de Vigo abre primarias para elexir o seu candidato / a

Publicado por o día 21/01/2015 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida de Vigo abre primarias para elexir o seu candidato / a

– EU abre hoxe o prazo para que se presenten candidatos / as para as primarias abertas que elixirán a proposta de cabeza de lista para as municipais 2015 en Vigo.

– Esquerda Unida celebra primarias abertas nos municipios de máis de 50.000 habitantes, entre eles Vigo.

– Os candidatos ou candidatas elexidos/as serán as propostas de EU nos procesos de converxencia nos que a militancia de EU participa se finalmente cristalizan como no caso da MAREA DE VIGO.

 O proceso das primarias de EU en Vigo será aberto para todas as personas que decidiron participar e inscribirse como simpatizantes ate hoxe día 21. En Vigo, Esquerda Unida incrementou un 60% o seu censo con respecto ao censo de militantes que participaron nos procesos de eleccións primarias internas nas europeas de 2014.

EU valora como moi positiva a gran incorporación de simpatizantes nestas semanas que auguran un proceso participativo e amplo para elexir as personas que simpatizantes e militantes de EU en Vigo consideran como as máis adecuadas para participar no proceso electoral municipal coa vista posta nos procesos de converxencia como a Marea de Vigo.

O calendario orgánico que ESQUERDA UNIDA DE VIGO desenvolverá este mes e en febreiro será o seguinte:

  • Do 21 de xaneiro ao 30 de xaneiro: recollida de avais para os candidatos e candidatas que desexen postularse como candidato ou candidata á alcaldía de Vigo
  • Do 23 ao 30 de xaneiro: verificación de censos, incidencias e reclamacións
  • 31 de xaneiro: proclamacion de candidatos
  • Do 31 de xaneiro ao 13 de febreiro: campaña primarias
  • Do 14 de febrerio e 15 de febreiro: Votación e reconto
  • 18 de febreiro: escrutinio  definitivo

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO