Esquerda Unida de Vigo ante o desaloxo do centro cívico de Teis

Publicado por o día 14/04/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida de Vigo ante o desaloxo do centro cívico de Teis

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O DESALOXO DO CENTRO CÍVICO DE TEIS AMOSA QUE ADEMÁIS DE COINCIDIR EN MODELO ECONÓMICO CO PP NOS ORZAMENTOS, ABEL CABALLERO TAMÉN COMPARTE A PULSIÓN REPRESORA DA DEREITA

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o desaloxo do CENTRO CÍVICO o que agocha realmente é o intento do alcalde de “clientelizar” o tecido asociativo veciñal e vender a xestión dos espacios públicos a empresas amigas como CLECE, SAMYL e outras parásitas do público.

EU pide a dimisión do concelleiro de participación cidadá por “incapacidade evidente” de entender o propio concepto que nomea a súa concellería “participación” e “cidadá”

EU considera absolutamente denunciable que despois de anos de xestión por parte do movemento veciñal dun espazo público e da consolidación de partidas orzamentarias para iso, agora apareza a presión do goberno municipal para xestionar de outro xeito esta infraestructura..

Esquerda Unida apoia as mobilizacións organizadas polos veciños de Teis para recuperar a xestión directa desta infraestructura pública e pide a rectificación do goberno municipal.