Esquerda Unida de Vigo cualifica de inaceptable que o antigo policlínico Cíes de Vigo pase a mans privadas en lugar de ser empregado para usos sociosanitarios

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento galego, presentaba onte unha pregunta ao Goberno de Feijoo ao respecto, criticando a decisión do Goberno da Xunta ao desbotar a idea de darlle uso público sociosanitario á instalación e deixar así que esta acabase en mans dunha mutua privada.
Publicado por o día 19/07/2019 na sección de Esquerda Unida,Eventos,Galicia,Política,Vigo

Esquerda Unida de Vigo cualifica de inaceptable que o antigo policlínico Cíes de Vigo pase a mans privadas en lugar de ser empregado para usos sociosanitarios

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento galego, presentaba onte unha pregunta ao Goberno de Feijóo ao respecto, criticando a decisión do Goberno da Xunta ao desbotar a idea de darlle uso público sociosanitario á instalación e deixar así que esta acabase en mans dunha mutua privada.

Arredor de 98 prazas para persoas maiores e dependentes nunha área que conta con 88.000 maiores de 65 anos para as que na actualidade só existen 604 prazas en centros e residencias, son os datos manexados polo sindicato Comisións Obreiras, cuxa Federación de Pensionistas leva varios anos demandando o uso sociosanitario do antigo Xeral Cíes, demandas que a día de hoxe semellan quedar xa en papel mollado tras as recentes novas respecto á utilización do edificio por parte de Ibermutuamur.

Eva Solla cualifica esta manobra como opaca e esixe ao Gobeno de Feijoo que aclare “os termos nos que se vai dar este uso dunha infraestrutura pública”, do mesmo xeito que critica que o propio Goberno vigués do PsdG “non amosara ningún interese xunto a unha absoluta desidia á hora de reclamar una infraestrutura pública para a súa veciñanza” tal e como ademais quedou pantente cando rexeitou no propio Pleno do Concello apoiar as demandas da Federación de Pensionistas de CCOO ao respecto.

Isto, para EU Vigo, non é máis que unha peza máis do proceso de privatización do público en todos os seus eidos por parte do Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia

2 Respuestas a "Esquerda Unida de Vigo cualifica de inaceptable que o antigo policlínico Cíes de Vigo pase a mans privadas en lugar de ser empregado para usos sociosanitarios"

  1. Gamela   19/07/2019 at 21:59

    Nove anos denunciando as maniobras privatizadoras non serviron de nada…
    https://flic.kr/p/Ug8tTs
    As súas señorías estaban moi ocupadas desfacendo calquera alternativa veciñal (coma sempre)

    Responder
  2. Gamela   19/07/2019 at 22:02

    Os vigueses perderemos o Edificio Cíes (do arquitecto Bar Boo)

    Mentras Eva Solla e Rubén Pérez gañan un local no corazón económico de Vigo ?
    https://flic.kr/p/2ggUgHt

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.