– Esquerda Unida de Vigo considera propia da “dereita rancia” a política de persecución e criminalización do Alcalde dos Colectivos Sociais que se opoñen a rotonda de Coia.
O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer do corpo e considera que non deberían entrar no xogo de criminalización que pretende impoñer o goberno local.
EU denuncia as detencións arbitrarias e calculadas de activistas sociais do barrio que pretenden crear un clima de criminalización dos movementos sociais implicados na loita contra o despropósito da colocación do barco Bernardo Alfageme na rotonda.
Para EU, que estivo presente en moitos das concentracións que realizaron os veciños e veciñas de Coia, nin existe violencia por parte dos manifestantes nin as organizacións políticas actúan como instigantes de nada. Rubén Pérez considera que “EU, ANOVA, PODEMOS, O BNG, EQUO, OS VERDES, etc…. son organizacións que colectivamente suman moito espazo social e representativo nesta cidade e que entenden que teñen que estar donde os veciños e veciñas reclaman o seu apoio”.
Rubén Pérez suliña que quen ten que aclarar o procedemento de adxudicación da obra, a xustificación da mesma como mantemento e o uso da policia local como “tropa de asalto” é o alcalde que parece non entender que o corpo creouse para outros fins radicalmente diferentes dos que pretende empregar dende a Alcaldía.
EU considera perfectamente válida a proposta a ASAMBLEA DE COIA de someter a referendo a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda “perfectamente dende o regulamento de participación cidadá, arbitrariamente adormecido por este goberno municipal, e perfectamente válida dende as máis básicas prácticas de democracia participativa que o PSOE di defender”.
PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.