Esquerda Unida de Vigo dubida da constitunacionalidade de negar o bonobús aos nos empadroados en Vigo

Publicado por o día 08/01/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida de Vigo dubida da constitunacionalidade de negar o bonobús aos nos empadroados en Vigo

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez lembra que moitos vigueses e viguesas viven fóra do término municipal non por capricho senón porque tiveron que adquirir vivenda fóra de Vigo ao ser inasumibles os prezos na cidade.

Medidas como a que propón o alcalde sumarán o número de vehículos privados que entren diariamente na cidade.

Do mesmo xeito os non empadroados que traballan e viven en Vigo compran no comercio local e parte do IRPF e do IVA que xeneran as súas actividades laborais e de consumo son transferidas polo goberno central ao concello.

EU considera que establecer as bonificacións no transporte público exclusivamente a empadroados en Vigo é unha vulneración do  articulo 14 da Constitución que reza literalmente: “Os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, religion, opinion ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Do mesmo xeito EU de Vigo lembra que varias sentenzas do tribunal constitucional, como por exemplo a STC 62/1987, deixan claro que a vulneracion do principio de igualdade ante a Lei require dous supostos esenciais. “A achega dun termo válido de comparación que acredite a igualdade de supostos (uso público do autobús) e un cambio de criterio inmotivado ou con motivación irrazonable ou arbitraria (negar o bonobus a toda persoa non empadroada en Vigo).

Rubén Pérez (coordenador local de EU) considera que o realmente útil para evitar a suba de prezos e custe directo para os orzamentos municipais do servicio de transporte público e ir preparando alternativas ao modelo de concesión actualmente vixente, que expira en 2019, e facer valer os criterios contidos no plego concesional actual, especialmente no tocante á fórmula para calcular os prezos, fórmula na que aínda se inclúe a amortización de vehículos cando actualmente a flota de VITRASA é de renting (feito que incluso desgrava fiscalmente á propia concesionaria).

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO