Esquerda Unida de Vigo pide empregar o superavit en plans de emprego “REAIS E CON IGUALDADE DE ACCESO AS OFERTAS LABORAIS”

Publicado por o día 14/12/2013 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida de Vigo pide empregar o superavit en plans de emprego “REAIS E CON IGUALDADE DE ACCESO AS OFERTAS LABORAIS”

  O Coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que a aprobación do Congreso dos Deputados o pasado 17 de maio dunha Proposición Non de Lei que permite empregar o superavit en plans de emprego habilita adicar estes recursos en emprego local.

  Para ESQUERDA UNIDA DE VIGO, se ben o Ministerio de Facenda e as entidades locais acordaron, o día 16 de abril de 2013,  no seo da  Comisión Nacional da Administración Local, permitir aos Concellos, que tivesen superávit o pasado exercicio, destinar este remanente a gasto corrente e investimento, unha Proposición non de lei presentada no Congreso e aprobada permite adicar estos recursos a plans de emprego local.

EU considera que, se ben o obxectivo que busca o goberno do PP e obrigar aos concellos a reducir débeda con estes recursos, en cidades como Vigo, cun desemprego case xa estructural ten que ser un obxectivo primordial crear emprego, por encima de calquera outra cousa, e por tanto, do déficit e a débeda.

EU de Vigo considera urxente destinar todos os recursos posibles a plans que palien a situación de desemprego que están a sufrir xa máis de 33.000 personas en Vigo. E considera que o plan ten que ter conter garantías de “publicidade das ofertas e contratación trasparente para evitar o bochornoso espectáculo dos plans de emprego mediante convenios contidos nos orzamentos municipais de Vigo”

Esquerda Unida de Vigo lembra que Concellos como o de Huesca e administracións como a Deputación de Zamora, Huelva  e Sevilla,  entre outras,  xa declararon que van destinar o superávit para gasto corrente e investimentos co fin de crear emprego.

É o momento de afrontar medidas de calado e valentes, que cheguen de verdade ao cidadán e que revertan nestes, a través de plans  sociolaborais que  flúan en dúas direccións, a de crear emprego e a de mellorar o municipio en aspectos que  beneficien a todos e todas.

PRENSA EU VIGO