Esquerda unida demanda á Xunta que caranta a realización de test a todas as traballadoras de axuda a domicilio en Galicia

Esquerda Unida reclama á Xunta que en arranxo ás súas competencias en materia de saúde laboral e de dirección dos servizos de autonomía persoal, actúe ante a desprotección das traballadoras de axuda a domicilio (SAD) en Galicia.
Publicado por o día 26/04/2020 na sección de Coronavirus,Esquerda Unida,Política

Esquerda unida demanda á Xunta que caranta a realización de test a todas as traballadoras de axuda a domicilio en Galicia

Esquerda Unida reclama á Xunta que en arranxo ás súas competencias en materia de saúde laboral e de dirección dos servizos de autonomía persoal, actúe ante a desprotección das traballadoras de axuda a domicilio (SAD) en Galicia.

Se fai unhas semanas Esquerda Unida demandaba á Xunta que garantise o acceso a EPIs para este persoal imprescindible para atender a moitas persoas maiores e dependentes nos seus fogares, hoxe vén de sumarse á demanda que o sindicato das CC.OO. ten realizado reclamando a realización de test ás traballadoras do SAD.

Esquerda Unida lembra que sen prexuízo da xestión correspondente aos concellos, a Xunta ten a obriga de “planificar, ordenar, coordinar e dirixir, no ámbito do seu territorio, os servizos de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia”, tal e coma define a Lei da Dependencia 39/2006.

A realidade é que unha grande parte das empresas concesionarias non só non está outorgando EPIs ás súas traballadoras, se non que seguen sen garantir a realización de test para determinar os contaxios.

Esquerda Unida lembra que a poboación á que atende este persoal é poboación fundamentalmente de risco, polo que non protexelas é igual a expoñelas a elas e ás súas familias, pero tamén ás persoas atendidas. Ante esta situación, tal e coma xa fixo algunha CC.AA. demándase a realización de test para todas as traballadoras dos SAD que permitan protexer tanto a saúde laboral como a saúde das persoas dependentes.