Esquerda Unida denuncia a adxudicación do servizo de hemodiálise en Vigo por valor de 6,5 millóns de euros a unha fundación privada

Esquerda Unida advirte que en plena pandemia a Xunta de Galicia está a levar a cabo a licitación do servizo de hemodiálise para toda a Área Sanitaria de Vigo cunha única empresa participante: a Fundación Íñigo Álvarez de Toledo.
Publicado por o día 27/05/2020 na sección de Esquerda Unida,Galicia,Política,Vigo

Esquerda Unida denuncia a adxudicación do servizo de hemodiálise en Vigo por valor de 6,5 millóns de euros a unha fundación privada

Esquerda Unida advirte que en plena pandemia a Xunta de Galicia está a levar a cabo a licitación do servizo de hemodiálise para toda a Área Sanitaria de Vigo cunha única empresa participante: a Fundación Íñigo Álvarez de Toledo.

Eva Solla: “A Xunta de Alberto Núñez Feijóo vai conceder a explotación de este servizo sanitario unha vez máis a unha fundación privada, por un importe de 6,5 millóns de euros”.

Esquerda Unida entende que a prioridade debera ser poder brindar este servizo desde a sanidade pública e non se comprende que a Xunta de Galicia prefira ano tras ano evitar investir nos medios materiais necesarios para poder dar este servizo nos centros da rede pública, algo que xeraría tamén postos de traballo dentro do SERGAS.

En palabras de Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida e candidata de Galicia En Común nas vindeiras autonómicas: “A privatización de este servizo é xa estrutural no SERGAS e nunha grande parte das áreas sanitarias recae na Fundación Álvarez de Toledo. Ven sendo xa habitual que a mesma Xunta que afirma de xeito falso ter reducido o número de concertos sanitarios asine concertos privados cada vez que ten ocasión”.

“Esta fundación – prosigue Eva Solla – utiliza nalgúns casos mesmo dependencias públicas para facer o traballo do SERGAS. É incomprensible que a estas alturas sigamos dependendo de empresas e entes privados para dar un servizo básico para milleiros de doentes nefrolóxicos”.

Esquerda Unida insta a auditar a totalidade das privatizacións sanitarias do SERGAS e reverter desde a Xunta de maneira paulatina todas as existentes, “xerando así emprego público estable e rematando coa opacidadade na contabilidade pública” conclúe Solla.

Comentar noticia

Your email address will not be published.