Esquerda Unida denuncia a falla de democracia do Alcalde de Vigo e o seu grupo polo incumprimento sistemático dos acordos plenarios

Publicado por o día 23/12/2014 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida denuncia a falla de democracia do Alcalde de Vigo e o seu grupo polo incumprimento sistemático dos acordos plenarios

EU considera que onte “traspasaronse liñas vermellas” no pleno en canto ao respeto á oposición e ó xogo democrático e partidario acusando a EU e outras organizacións de reventar o pleno.

Para o coordinador local de EU, Rubén Pérez, “un pleno o rebenta quen no fai rendición de actuacións e decisións ante o mesmo e quen non garante as máis básicas garantías de funcionamento democrático do máximo órgano da política municipal, que non é o alcalde senón o pleno”

EU exixe xa aclaración de que partida orzamentaria e en base a que conceptos están a consignarse recursos públicos para a obra e instalación do barco Bernardo Afageme na rotonda de Coia. É evidente que non estamos ante un contrato de mantemento polo que “queremos saber que pinta Civisgloblal e o seu retén de mantemento no asunto”.

O coordinador de Esquerda Unida, Rubén Pérez, considera que o cumplimento ou non dos acordos acadados no pleno municipal parece que queda determinado polos desexos do Alcalde de Vigo con respecto a sua idea de cidade, e non dos resultados das votacións dos membros do pleno do Concello de Vigo, aludindo a unha maioria fantasma da cidadanía manifestándose clamorosamente, nesta ocasión, a favor da colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, e chegando o nivel de insultar e calumniar a veciñanza presente no público do pleno.

Esquerda Unida considera que ademáis, no pleno de onte, as continuas descalificacións á oposición amosan que o talante democrático do alcalde e cero; cunha folla de ruta de obrigado cumprimento, ainda que para iso teña que actuar coma o cabalo de Atila.

Rubén Pérez considera que, con luz e taquígrafos, se presenten todos os datos con respecto os custes das obras na rotonda de Coia, así coma que se explique a que capítulos vanse consignar eses custes e por que se considera que isto e un mantemento e non outro tipo de obra, onde é necesario publicitar os datos da mesma.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO